Poetas do reencontro

Poetas do reencontro

POETAS DO REENCONTRO é unha irmandade de versos, en linguas galega e portuguesa, na que 75 poetas do panorama actual de ambos países, cada quen fiel ao seu estilo, tratan de amosar ao mundo as súas inquedanzas e sentimentos, un libro único, no que nun abrazo poético, xungue dúas patrias nunha soa matria (José Carlos Ulloa García); POETAS DO REENCONTRO é unha colleita de poesía actual galaico-lusa que recolle as tendencias, tanto do norte como do sur do Miño, entre dúas culturas xemelgas que perduran a través dos séculos e que son como dúas pólas ou ramas da mesma árbore xunguidas por un talo e raices comúns, onde, ademais do reencontro dos poetas e poesía galaico-lusas, o lector destes versos, de temática tan variada, atopará neles, á súa vez, un verdadeiro encontro consigo mesmo (Anxo Boán Rodríguez).

Características papel.

ISBN/13: 9788418031120
Número de páginas: 322
Tamaño: 150X210
Precio: 16.00€

Disponible en papel 16.00 €

Disponible en eBook.

Anxo Boán Rodríguez

Anxo Boán Rodríguez

Anxo Boán Rodríguez, fillo de labregos, naceu en abril do ano 1961 no lugar de Sandiás de Vilaúxe (Chantada). Na actualidade exerce a avogacía na vila de Chantada onde se quedou a vivir. Na súa xuventude foi varias veces premiado entre outros pola A.C. lumieira por a obra de teatro titulada Traxicomedia de Luis e Margarita (1976) e polo Circulo Recrativo e Cultural de Chantada por Nadal Tráxico, (1976). Tras moitos anos lonxe dos círculos literarios, gana no ano 2001 o V certame de poesía Xohán de Requeixo e no ano 2011 o IX premio de xornalismo Moncho do Pio por un artigo sobre a muller traballadora da Ribeira Sacra. Na actualidade colabora en actos poéticos, libros e revistas colectivas, principalmente no eido da poesia. Outras obras do autor: TEATRO: Traxicomedia de Luis e Margarida (1976), Nadal Tráxico (1976), O tio Pepe da Veiga (1979), O Can que fala (2018); POESÍA: As árbores das idades (2004), Poemas para unha alma ferida (2016) Corenta sonetos de amor e conforto (2017); NARRATIVA: As Cousas do Fuco (2016).

Lectores que se interesaron por este libro
también lo hicieron por estos.

¿Querrías publicar con Punto Rojo Libros?

Cuando decidimos expresarnos comunicando nuestro conocimiento, de la mano de la palabra escrita, estamos dando paso a una nueva forma de vida o a una nueva manera interpretar un determinado hecho. Publicar un libro, en cierto modo, nos hace inmortales. Nuestras palabras sobrevivirán a nuestro tiempo en esta tierra. Tu libro, mientras exista, estará ahí para recordarte. Y tú siempre estarás vinculado a él de forma eterna. Porque amas a la literatura y porque la literatura te ama a ti, lo que quieras decir, hazlo saber con un libro.