Anguria
Carolina Sertal
Anguria é a catarse do trastorno de ansiedade e da dor emocional, a través da poesía e da ilustración
‘Anguria’ deixa constancia do naufragar dunha muller nova que non entende que é o que está acontecendo. Os síntomas da ansiedade, a súa brusca interrupción na vida dunha persoa que aparentemente o ten todo para ser feliz, as forzas invisibles que estrangulan a gorxa, oprimen o estómago e fan estourar os miolos, sensacións desagradábeis que quedan recollidas en cada verso en cada ilustración, así como a frustración de non ser quen de poñerlle fin ao sufrimento. Mais tamén queda lugar para o rexurdir, para a esperanza, para o saír a flote, e proba diso é o libro que tes entre as mans, pois na plena escuridade, pode toparse a inspiración que mude a realidade.
- Género
- PROSA: NO FICCIÓN
- Año
- 2019
- Páginas
- 120
- Encuadernación
- Tapa Blanda
- Dimensiones
- 150 × 210 mm
- Precio (papel)
- 15,75 €
- Precio (ebook)
- 8,99 €
- ISBN
- 9788418161834

Sobre Carolina Sertal
Carolina Sertal Souto (Redondela, 1989) Xornalista de profesión. Pintora e escritora por paixón e necesidade. Activista feminista por convicción. Inicia a súa andaina como redactora en prácticas en Faro de Vigo no ano 2010, e posteriormente en La Voz de Galicia e SantiagoSiete, para finalmente aterrar no Diario de Pontevedra, onde desenvolve gran parte da súa carreira profesional até o momento. De 2016 a abril de 2019, é responsable dun gabinete institucional, ata retornar ao ritmo frenético das redaccións, desta vez en Faro de Vigo, na delegación de Pontevedra, onde traballa na actualidade. En 2014, resultou gañadora do 2º premio do Certame de relato curto convocado pola asociación Mulleres Progresistas de Vigo, co microrrelato titulado ‘Dsineb’. En 2018, acadou o 1º premio de poesía e o 3º de fotografía nos II Premios Xuventude da Deputación de Pontevedra, cos versos de ‘Anguria’ e a imaxe titulada ‘Invisible’, respectivamente.
Este hueco del catálogo podría ser para tu libro
Publica tu libro