Anxo Boán Rodríguez
Anxo Boán Rodríguez, fillo de labregos, naceu en abril do ano 1961 no lugar de Sandiás de Vilaúxe (Chantada). Na actualidade exerce a avogacía na vila de Chantada onde se quedou a vivir.
Na súa xuventude foi varias veces premiado entre outros pola A.C. lumieira por a obra de teatro titulada Traxicomedia de Luis e Margarita (1976) e polo Circulo Recrativo e Cultural de Chantada por Nadal Tráxico, (1976).
Tras moitos anos lonxe dos círculos literarios, gana no ano 2001 o V certame de poesía Xohán de Requeixo e no ano 2011 o IX premio de xornalismo Moncho do Pio por un artigo sobre a muller traballadora da Ribeira Sacra.
Na actualidade colabora en actos poéticos, libros e revistas colectivas, principalmente no eido da poesia.
Outras obras do autor: TEATRO: Traxicomedia de Luis e Margarida (1976), Nadal Tráxico (1976), O tio Pepe da Veiga (1979), O Can que fala (2018); POESÍA: As árbores das idades (2004), Poemas para unha alma ferida (2016) Corenta sonetos de amor e conforto (2017); NARRATIVA: As Cousas do Fuco (2016).