911 413 306 622 843 306
info@puntorojolibros.com
Déixame a lúa acesa

Déixame a lúa acesa

O lector de “Déixame a lúa acesa” axiña identificará a musa do poeta coa súa propia namorada ou namorado, pretendida ou pretendido.
Unhos versos de dozura e agarimo que deleitarán ao lector. Son versos para namorar.

“Déixoche baixo da túa amofada,
xunto co meu bico de boas noites
unha poesía para que escoites
a voz da nosa fantasía soñada,

Quero sentir xa a túa aperta,
tenra, sinxela e descarnada,
e darche o bico que me oferta
a túa boquiña enfeitizada”

Características Papel

ISBN/13: 9788417715410
Número de páginas: 90
Tamaño: 150X210
Precio: 12.00€

Anxo Boán  Rodríguez

Anxo Boán Rodríguez

Anxo Boán Rodríguez, fillo de labregos, naceu en abril do ano 1961 no lugar de Sandiás de Vilaúxe (Chantada). Na actualidade exerce a avogacía na vila de Chantada onde se quedou a vivir. Na súa xuventude foi varias veces premiado entre outros pola A.C. lumieira por a obra de teatro titulada “Traxicomedia de Luis e Margarita” (1976) e polo Circulo Recrativo e Cultural de Chantada por “Nadal Tráxico”, (1976). Tras moitos anos lonxe dos círculos literarios, gana no ano 2001 o V certame de poesía “Xohán de Requeixo” e no ano 2011 o IX premio de xornalismo “Moncho do Pio” por un artigo sobre a muller traballadora da Ribeira Sacra. Na actualidade colabora en actos poéticos, libros e revistas colectivas, principalmente no eido da poesia. Outras obras do autor: TEATRO: “Traxicomedia de Luis e Margarida” (1976), “Nadal Tráxico” (1976), “O tio Pepe da Veiga” (1979), “O Can que fala (2018); POESÍA: “As árbores das idades” (2004), “Poemas para unha alma ferida” (2016) “Corenta sonetos de amor e conforto” (2017); NARRATIVA: “As Cousas do Fuco” (2016).